27 dic 2017

Logo competition

Dentro do proxecto Erasmus+ á volta das vacacións teremos que votar polo logo que será empregado ao longo destes dous cursos no noso proxecto. Estas son as nosas tres aportacións á competición. Será seleccionado un dos nosos logos?




Christmas Card Exchange "Creative Calssroom"

Dende a aula de lingua estranxeira o alumnado de 3º e 4º está participando en varias das actividades propostas polo grupo de traballo "Creative Classroom", un grupo do que formamos parte dende hai tempo, dentro da plataforma Etwinning.
Este mes de decembro participamos na actividade 'Christmas Card Exchange'. Enviamos postais a varios colexios europeos e nós tamén recibiremos as súas. A creación da postal estaba condicionada, ademais dos bos desexos, na parte esquerda tiñamos que facer referencia a unha actividade que nos gustase realizar. Estas actividades ás que todos os colexios participantes facemos referencias formarán parte dunha actividade que nos explicarán máis adiante e da que, de momento, descoñecemos calquera detalle! Estamos impacientes por saber de que se trata, de momento deixamos aquí fotos das nosas postais e das recibidas ata o momento






Ata o de agora recibimos tres postais de dous colexios, que ilusión!!


17 dic 2017

Our Settings 'Rap de Cervo'

Este foi o rap que fixemos en común as aulas de quinto e sexto dentro da actividade de 'Our Settings'





Our Settings

Falamos da nosa contorna escribindo poesía. Este foi outro dos traballos que fixemos dentro do proxecto Erasmus en colaboración coas familias.

This is us. Erasmus+

Os colexios que participamos neste proxecto Erasmus cada vez nos coñecemos un pouquiño mellor. Neste padlet poderedes ver os nosos acrósticos e tamén os dos nosos compis.
Creating, Communicating, Our Diversity we Are Celebrating!

10 dic 2017

4 dic 2017

Erasmus Corner Decoration


Este cole está cada día máis engalanado!

Decorating our school!
Erasmus corner at school.






3 dic 2017

Christmas. This is Britain

This is how lots of people celebrate Christmas in Britain.


Parts of the face and body. Just for fun

#animalface

#bodyparts

#partsoftheface


#headshoulderskneesandtoes


Want to make a crazy face?





We made some using shapes, drawings and cut outs. But we also love drawing them on the interactive whiteboard.








Acrostics

Traballando con acrósticos. 
Así si que é divertido presentarnos aos noso compañeiros do Erasmus. 

Working on acrostic poems, a funny way to introduce ourselves to our Erasmus+ mates.









12 nov 2017

Magosto

Con motivo da celebración do Día do Magosto e o Peón no noso colexio, quixemos aproveitar para saber se no resto dos países que traballan con nós no proxecto Erasmus lles gusta comer castañas, se celebran magosto, etc.
Atopamos variedade de receitas, aquí tedes algunhas delas.










 

 Exposición das receitas xunto cos peóns. Como se di peón nos diferentes idiomas que falan os nosos amigos europeos?