16 oct 2017

Día Europeo das Linguas

O 26 de setembro celebramos o 'Día Europeo das Linguas'. Sabiades que na Unión Europea falamos máis de 200 linguas (24 delas son oficiais)? E que unhas 60 son linguas rexionais ou minoritarias? Parecen moitas pero agora parádevos a pensar en todas esas linguas faladas por inmigrantes de fóra da Unión e que aumentan a riqueza lingüística... cantas cres que poderiamos contar?

Este curso participamos nun desafío moi interesante para celebrar este día. Aquí tedes o cartel





E pasámolo moi ben participando neste reto mundial para celebrar o Día Europeo das Linguas.
Así quedaron os nosos Hornswogglers, fantásticos!
















2 oct 2017

Roald Dahl

Temos por diante un novo curso e moitas aventuras que vivir e tanto que aprender... 
Setembro é un mes de cambios e este curso temos grandes novidades que vos iremos contando máis adiante. Sen embargo, algo que non nos apetece cambiar é adicar setembro a Roald Dahl, aos seus personaxes, ás súas historias e ao seu legado. Que mellor maneira de arrancar o curso poderiamos ter? 

Dende o noso cole unímonos á celebración do  Roald Dahl Day, visitamos o seu museo, a súa casa e tachán! Este curso tamén debuxamos, seguindo as instrucións do fantástico Quentin Blake,un Hornswoggler!







 Esta man que vedes na foto de arriba é a de Quentin Blake.




Como quedarían? 😉