27 dic 2017

Christmas Card Exchange "Creative Calssroom"

Dende a aula de lingua estranxeira o alumnado de 3º e 4º está participando en varias das actividades propostas polo grupo de traballo "Creative Classroom", un grupo do que formamos parte dende hai tempo, dentro da plataforma Etwinning.
Este mes de decembro participamos na actividade 'Christmas Card Exchange'. Enviamos postais a varios colexios europeos e nós tamén recibiremos as súas. A creación da postal estaba condicionada, ademais dos bos desexos, na parte esquerda tiñamos que facer referencia a unha actividade que nos gustase realizar. Estas actividades ás que todos os colexios participantes facemos referencias formarán parte dunha actividade que nos explicarán máis adiante e da que, de momento, descoñecemos calquera detalle! Estamos impacientes por saber de que se trata, de momento deixamos aquí fotos das nosas postais e das recibidas ata o momento






Ata o de agora recibimos tres postais de dous colexios, que ilusión!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario